O Sergas ve "prioritario" dotar de pediatra a Cuntis e Moraña pero recoñece que "non é fácil"
Por Redacción
A cobertura do servizo de Pediatría nos municipios de Moraña e Cuntis é unha actuación "prioritaria" para o Sergas, segundo asegurou o xerente da área sanitaria de Pontevedra, José Ramón Gómez, nunha xuntanza que mantivo con veciños e colectivos na casa de cultura de Moraña. Con todo, recoñece que "non é fácil" poder cubrila.
"Neste momento non é fácil atopar un pediatra, pero tan pronto como algún queira voluntariamente cambiar de zona e vir para Pontevedra a súa praza será a destes concellos", explicou Gómez.
O xerente afirmou que sería "irresponsable" avanzar o día no que se vai a recuperar o servizo, porque "agora mesmo non podo concretalo". Así, desvelou que "como tarde" agarda que a situación se resolva en maio, cando se incorporen ao sistema vinte novos pediatras -27 se o ministerio acepta a solicitude cursada dende Galicia- que se atopan en fase de formación.
Esta praza de pediatría, que atende os nenos de Moraña e Cuntis en réxime compartido de media xornada, está "garantida para o futuro", quixo confirmar José Ramón Gómez, que lamentou que na actualidade quedara vacante polo recente concurso de traslados e porque non houbo ningún profesional que solicitara este destino.
Ademais, engadiu que a situación, ao igual que sucede noutros centros médicos de toda Galicia, agrávase pola falla de pediatras, pero aclarou que "non é algo achacable á falla de planificación do Sergas, xa que pasa en toda España".
Pola súa banda, a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, advertiu que "só consinto que está situación sexa temporal" e avanzou que "non estou disposta" a que esta situación que obriga aos usuarios a desprazarse ao PAC de Caldas se prolongue ata o mes de maio. Así, asegurou que estará "vixilante" para que se resolva canto antes.
Relacionadas:
-
O Concello de Cuntis pide explicacións ao CHOP pola pérdida do servizo de pediatría por vacacións
Por Redacción |
-
Cuntis e Moraña volven ter pediatra dous meses despois
Por Redacción |
-
Unha manifestación reclama en Cuntis o servizo de Pediatría
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas solicitan á Xunta a reposición dos servizos de Pediatría
Por Oskar Viéitez |
-
Os colectivos sociais de Barro demandan o mantemento do servizo de Pediatría no municipio
Por Redacción |
-
Cuntis endurece a presión contra o Sergas despois de 40 días sen pediatra
Por Redacción |
-
Concentración en Cuntis pola falta do servizo de Pediatría
Por Redacción |
-
A alcaldesa de Moraña cre que se debe ser "comprensivo" unhas semanas co Sergas pola falla de pediatras
Por Oskar Viéitez |