Decenas de persoas participan nas actividades en Cerdedo-Cotobade con motivo do 25-N
Por Redacción
O presidente municipal de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, foi o encargado de ler o manifesto con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
A este acto, que se celebraba na Praza do Concello da Chan asistiron decenas de persoas, entre as que se atopaban integrantes do goberno local e da corporación municipal, traballadores do concello e veciños.
A partir deste luns inícianse cos talleres escolares de igualdade, que arrincarán no CEIP de Carballedo e desenvolveranse, consecutivamente, nos colexios de Tenorio e Cerdedo e no IES de Cotobade ata o xoves.
O sábado 1 de decembro ponse fin a todas as actividades reivindicativas cun acto que se denomina Serán da Muller. Celebrarase na Casa do Pobo de Viascón e servirá para poñer en valor o empoderamiento e a creatividade das mulleres.
As agrupacións As Lagharteiras e A Tajea actuarán a partir das 20.00 horas. A entrada será libre.