O pleno da Deputación, cos votos do PSOE e o BNG, aproba o orzamento para 2019
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O pleno extraordinario da Deputación de Pontevedra celebrado este venres aprobou cos votos do Partido Socialista e o BNG o orzamento provincial para 2019 que supera os 157,9 millóns de euros.
A defensa das contas provinciais correu por conta do deputado socialista Carlos López Font, que definiu ao orzamento como "el mejor de la historia de esta Deputación" e destacou que a débeda se reduciuse nun 82%, segundo os último datos oficiais do Ministerio de Facenda. Así, baixou de 39 millóns en 2015 a sete millóns ao rematar o mandato no 2019.
Igualmente Font destacou que o 28,6% do orzamento destínase a transferencias directas aos concellos "el mejor ejemplo de una eficaz gestión". O investimento, segundo sinalou o socialista, tamén está "muy por encima del resto de administraciones locales" citando como dato relevante as 1.575 obras realizadas ao longo de todo este mandato nos concellos por un montante global de 122 millóns de euros.
A "realidad oficial" segundo López Font é que no conxunto dos plans executados durante este mandato do bipartito na Deputación de Pontevedra é que o 41,9% dos fondos destinados pola administración provincial foron para concellos con goberno do Partido Popular, os concellos con goberno socialista recibiron o 29,9%, os do BNG o 15,3 e outros gobernos municipais o 12,9%.
En relación ao gasto en órganos de goberno destínase o 1,1% do orzamento, unha cifra que se sitúa na medida estatal, cando o gasto da Deputación de Ourense é do 4,3% o que reflicte a "manipulación del Partido Popular" nas súas críticas, segundo López Font.
O portavoz do BNG e vicepresidente da Deputación, César Mosquera, tamén se referiu á débeda provincial e resaltou que esta institución estivo "a piques de crebar" durante a etapa do bipartito na Xunta cando o PP tratou de " contraprogramar" desde esta administración ao goberno de Emilio Pérez Touriño.
Mosquera destacou o funcionamento "brillante" da Deputación de Pontevedra xa que "hai un programa, está a executarse, fomos claros, imos de fronte e hai un goberno que está a funcionar moi razoablemente ben" agregando que "demostraría altura de miras que estes orzamentos non tivesen oposición".
O deputado da Coalición SON, Xosé Lois Jácome tachou de "continuista" a proposta de orzamento criticando que "non pasa de declaración de intencións" pola súa "baixa execución" reprochado por "sobredimensionadas" as partidas destinadas a publicidade e propaganda que se elevan aos dous millóns de euros.
VOTO EN CONTRA DO PARTIDO POPULAR
A portavoz do Partido Popular, a deputada Elena Muñoz, censurou a intervención do goberno provincial por "vender humo" e ser o "discurso de la nada". Acusoulles de preocuparse máis polo PP que por gobernar, están "vacíos de contenido" unha consecuencia, dixo, de facer os orzamentos "de espaldas a los pontevedreses".
Igualmente Elena Muñoz criticou que a presidenta Carmela Silva non comparecese no Parlamento galego para presentar este orzamento porque "le va más el monólogo que el diálogo" xa que "les molesta escuchar una opinión distinta a la propia".
"Estos presupuestos son lo contrario de lo que ustedes predican", afirmou a portavoz popular. Elena Muñoz indicou que "gastan ustedes casi el doble de lo que gastaba el Partido Popular en asesores varios" engadindo aos seus argumentos críticas ao baixo nivel de execución do orzamento "porque ustedes no tienen proyecto para gobernar lo único que quieren es aferrarse al poder", dixo.
Insistiu finalmente Elena Muñoz en que o Partido Popular destinaba máis diñeiro aos concellos que o goberno de Carmela Silva. Esta afirmación foi replicada por López Font que puntualizou que durante a presidencia de Rafael Louzán destinábanse 20 millóns de euros aos concellos e agora só o Plan Concellos dedica 44 millóns.
"La ejecución de este gobierno está muy por encima de la del Partido Popular", concluíu. Neste sentido, xustificou César Mosquera que os concellos piden prórrogas para executar os proxectos financiados "se cadra porque lles estamos mandando moitos máis recursos aos Concellos e non teñen engrasada a maquinaria municipal para xestionar". En todo caso, apuntou que é un "problema menor" xa que o diñeiro non se perde.
Finalmente o orzamento foi aprobado de maneira inicial cos votos a favor dos deputados do Partido Socialista e do BNG (14), a abstención do único deputado da Coalición Electoral SON e o voto en contra dos representantes do Partido Popular (10).
Relacionadas:
-
O PP presenta unha emenda á totalidade contra os orzamentos da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
O PP critica que a Deputación "só vende fume" xa que non ten "obras propias"
Por Redacción |
-
Para o PP o único positivo do orzamento da Deputación para o 2019 é que será o último do bipartito
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación presenta un orzamento de 158 millóns de euros no que reduce a súa débeda
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |