Para o PP o único positivo do orzamento da Deputación para o 2019 é que será o último do bipartito
Por Oskar Viéitez
O grupo provincial do Partido Popular asegurou este xoves que as contas presentadas polo goberno da Deputación de Pontevedra para o ano 2019 son "un desastre", valorándolos coma "os orzamentos da vergoña".
Segundo o voceiro popular, Ángel Moldes, o documento é "indefendible" e por iso, sinalou, "agora entendemos por que Carmela Silva non quixo presentalos no Parlamento de Galicia" algo que si fixeron os outros tres presidentes das deputacións provinciais.
Ángel Moldes, durante unha rolda de prensa xunto a outros deputados provinciais do PP, denunciou que "estes orzamentos son moi malos para a provincia, porque non están pensados nin para os concellos nin para os cidadáns". "É máis do mesmo", engadiu.
Segundo apuntou Moldes, como este é o último orzamento antes das eleccións municipais, os orzamentos "están elaborados pensando máis nas súas estratexias electorais como partido que nos intereses da provincia".
Para os populares "non hai investimentos para os concellos máis alá do que exclusivamente lles corresponde por lei", e a cantidade que terán "é a mesma que recibirían aínda que non houbera Deputación".
Ademáis criticou que o goberno provincial dedique máis recursos ao modelo de compostaxe xa que "o Plan Revitaliza non funciona porque non acada obxectivos".
Nesta liña tamén insistiu Elena Muñoz, que sinalou que "una vez más este gobierno se equivoca y el presupuesto vuelve a evidenciar que no tienen ideas" e adiantou que en xaneiro chegará a primeira modificación de crédito do ano.
Muñoz criticou que "de los 157 millones de euros, 106 millones se dedican a gasto corriente, mucho más de la mitad del presupuesto".
Por último, dixo que "la única parte positiva de este presupuesto es que va a ser el último que va a presentar el bipartito", na confianza de que as vindeiras eleccións municipais sexan favorables aos intereses do PP.
Relacionadas:
-
O pleno da Deputación, cos votos do PSOE e o BNG, aproba o orzamento para 2019
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Carmela Silva evita aclarar se repetirá como candidata a presidir a Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación presenta un orzamento de 158 millóns de euros no que reduce a súa débeda
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |