Cuntis e Caldas de Reis poñen en marcha os proxectos "Empleaverde"
Por Redacción
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e o teniente de alcalde de Caldas de Reis, Manuel González, participaron este xoves en Madrid na reunión informativa celebrada na sede da Fundación Biodiversidad. É o punto de partida dos proxectos "Empleaverde" que a Fundación concedeu.
O programa "Empleaverde" do Ministerio para a Transición Ecolóxica é unha iniciativa da Fundación Biodiversidad para o impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente. Está cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
Este programa ten como obxectivo crear emprego e apoiar a creación e consolidación de empresas na economía verde e azul, con especial foco nunha economía baixa en carbono, unha economía circular e na Rede Natura 2000.
O Concello de Cuntis ten previsto, en conxunto co concello de Lubián (Zamora), o aproveitamento do cultivo e recuperación dos soutos de castaña; dispoñendo dun total de 94.000 euros.
Polo seu lado, o Concello de Caldas de Reis ten prevista a producción sostible de plantas aromáticas e medicinais en colaboración co concello de Villamalea (Albacete), dispoñendo doutros 94.000 euros.
Para o Concello de Cuntis este o segundo ano que accede a este tipo de proxecto e o Concello de Caldas de Reis inicia este ano con esta actividade.
Tanto o alcalde de Cuntis como o tenente de alcalde de Caldas de Reis consideran estas como oportunidades de gran importancia para o fomento do empleo verde.