VÍDEO.- Pequenas incidencias polo paso da borrasca 'Beatriz' pola comarca
Por Redacción
O paso da borrasca bautizada como 'Beatriz' deixou unha serie de pequenas incidencias en diferentes puntos da comarca, aínda que ningunha de consideración.
Foi así porque chegaron a caer, por exemplo e segundo os datos rexistrados pola estación meteorolóxica de Campolongo en Pontevedra, ata 58.9 litros por metro cadrado de choiva ao longo de toda a xornada.
Isto provocou a aparición de balsas de auga en diferentes puntos, como a que puido verse no Paseo de Silgar, en Sanxenxo.
Ademais rexistrouse algunha caída de árbores sobre o tendido eléctrico, como ocorreu no Pereiro en Poio, caída de valos pola acción do vento ou o movemento de tapas de sumidoiro que obrigaron a intervir aos equipos de emerxencia.
Tras o paso de Beatriz, a situación meteorolóxica será máis acougada durante este mércores, á espera da chegada de novas borrascas durante as xornadas de xoves e venres segundo apunta a predición de Meteogalicia.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas aconsella prudencia nas visitas á praia da Calzada, danada polos temporais
Por Redacción |
-
Alerta laranxa por vento, choiva e temporal costeiro a partir da medianoite deste xoves
Por Redacción |
-
A alerta laranxa por temporal obriga a pechar todas as instalacións deportivas ao aire libre de Pontevedra
Por Redacción |
-
A choiva chegou para quedar
Por Redacción |