Sanxenxo habilitará unha nova oficina de turismo á entrada do municipio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo e a Axencia de Turismo de Galicia asinaron un acordo de colaboración para a creación dunha nova oficina turística á entrada do municipio.
En concreto esta nova caseta estará situada na ligazón da estrada PO-504 coa autovía do Salnés.
O obxectivo desta actuación céntrase en mellorar a atención e a información turística aos visitantes que se acheguen a Sanxenxo.
O orzamento estimado para a execución das obras ascende a 74.700 euros, e o proxecto consiste na creación dunha oficina de turismo, accesible, con atención ao visitante, consulta de información e punto de encontro para visitas guiadas, así como venda de merchandising.