O lago de Castiñeiras empeza a recuperar a súa imaxe coas choivas
Por Redacción
As choivas caídas nos últimos días aceleraron o enchido do lago de Castiñeiras tras as recentes obras de rehabilitación.
Estas precipitacións fixeron que o lago vaia recuperando o seu habitual aspecto, aínda que falta máis auga para lograr unha rehabilitación completa.
Segundo confirmou o Concello de Marín, unha vez que o caudal sexa o idóneo, Medio Ambiente repoboará as augas do lago de Castiñeiras con troitas grises, especia autóctona que xa se atopaba no lugar antes das obras de selado das gretas existentes.
O que se pide agora á cidadanía é que non liberen no lago especies que non son propias do ecosistema, como carpas ou tartarugas, e que poden producir dano no entorno.