A colaboración da veciñanza de Caritel permite a ampliación do Camiño da Fontiña
Por Redacción
O Camiño da Fontiña ofrece agora o ancho suficiente e, o que é máis importante, o acceso dos vehículos de emerxencias.
As obras, realizadas polo Concello permitiron pasar dun ancho de apenas dous metros ao dobre, e todo gracias á implicación da veciñanza, que mobilizouse para poñerse do lado do Concello e superar así anos de desavinzas.
O goberno local está realmente satisfeito do resultado dunha actuación que inicialmente só contemplaba o arranxo do firme, cunha nova pavimentación, así como a instalación de grellas e servizos soterrados para a recollida de augas pluviais, evitando as inundacións. O proxecto viña a solucionar décadas de peticións veciñais que ata entón non foran atendidas.
O alcalde, Andrés Díaz, visitou as obras hai un mes e foi durante esa visita cando un grupo de veciños defendeu a posibilidade de aproveitar a obra para ampliar a sección do camiño.
Os terreos necesarios nas fincas dun dos laterais, propiedade de dúas familias, foron cedidas ao Concello.
O Concello acometeu a ampliación, pero diante da necesidade de construír un muro de contención, cun importante custo, anunciou que esta segunda parte será acometida o ano próximo, debido á imposibilidade de encaixala no orzamento deste ano, practicamente executado.