Auga a presión para limpar as beirarrúas nos núcleos rurais
Por Redacción
A campaña de limpeza das beirarrúas de Ponte Caldelas con auga a presión traspasa os límites do centro urbano para chegar ata os núcleos do rural.
Operarios municipais están a finalizar a limpeza das beirarrúas de Caritel despois de concluír con estes labores na Insua, A Roca, Santa Ana e Xustáns.
Nos próximos días tocaralle a quenda ás de Tourón e Silvoso.
O obxectivo, ademais de limpar as beirarrúas, é realizar á súa vez unha comprobación exhaustiva do seu estado e comprobar se hai pezas soltas ou rotas que reparar.