Solución á baixada de auga incontrolada nun dos accesos de Caritel
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas informa do inicio das obras de acondicionamento do camiño municipal que dá acceso a varias vivendas en Caritel.
Trátase duns traballos que teñen ademais como obxectivo solucionar a baixada de auga incontrolada, polo que é necesario colocar 200 metros de tubos de recollida de pluviais dado que a rede anterior atopábase en mal estado.
Este camiño, situado detrás da Casa do Pobo, contaba cun firme de formigón en situación de importante deterioración.
As obras comezaron hai uns días coa limpeza mecanizada das marxes, corte e levantado do pavimento asfáltico e apertura de gabias para a instalación dun tubo de PVC de 315 mm de diámetro.
Debido a complexidade do trazado, con curvas e pendente, optouse por colocar arquetas de formigón con grella para a recollida de auga, e nas zonas de maior complexidade decidiuse instalar canaletas prefabricadas.