Renovan a área de atención ao paciente do Hospital Provincial
Por Redacción
Os pacientes e usuarios do Hospital Provincial de Pontevedra xa contan cunha renovada área de Atención ao Paciente, emprazada xunto ao banco de sangue no andar 0 da parte posterior do bloque central deste centro hospitalario do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP), con acceso desde a rúa Joaquín Costa.
O xerente, José Ramón Gómez Fernández, visitou este xoves estas dependencias administrativas que, con máis de 60 metros cadrados de capacidade, contan con tres despachos, área de recepción e vestíbulo.
A área de Atención ao Paciente atenderá e asesorará aos usuarios dos servizos sanitarios públicos do Sergas orientando tanto aos pacientes coma aos seus familiares cando acoden ou ingresan no Hospital Provincial
A área tamén tutela do cumprimento dos dereitos dos pacientes e usuarios, atendendo, tramitando e xestionando reclamacións e suxestións que se presenten, propoñendo así mesmo resolucións e actuacións de tutela de acordo á lexislación vixente.
Relacionadas:
-
O CHOP pon en marcha unha Unidade de Atención ao Paciente
Por Redacción |
-
O Parlamento reclama á Xunta que solucione as "insoportables" temperaturas do Provincial
Por Redacción |
-
Implantan no Hospital Provincial un sistema informático para evitar agresións
Por Redacción |
-
O Sergas renovará a área de neonatoloxía do Hospital Provincial
Por Redacción |