A escola infantil da Xunta celebra "o día do correo"
Por Redacción
A escola infantil da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra celebrou "o día do correo", unha actividade destinada a que os máis cativos poidan coñecer a importancia deste servizo e como se fan e se envían as cartas.
As responsables desta escola puxeron en marcha unha actividade a través da cal os nenos realizaron un debuxo que, posteriormente, meteron dentro dun sobre e éste, a súa vez, introduciron no buzón co que conta a propia escola.
Deste xeito, acudiu ata o centro o carteiro para recoller estas cartas e explicarlles cómo funciona o servizo de Correos e que finalidade ten o envío de cartas e paquetes postais.
Ademais, aproveitou e tamén lles fixo entrega dun pequeno agasallo: unha bolsiña tipo mochila con bolígrafos de cores e caramelos.