A vendima tamén é cousa de nenos
Por Redacción
A vendima é, desde sempre, unha das actividades con máis tradición nas Rías Baixas. De aí que a escola infantil da Xunta ensinara aos nenos e nenas como se desenvolve esta colleita.
Foi no transcurso da denominada Semana da Vendima, unha actividade destinada a que os máis cativos puidesen coñecer a importancia deste produto.
Os nenos e nenas desta escola infantil recolleron as uvas dunha parra instalada no corredor do centro e pisáronas, pintaron debuxos relacionados coa temática e, os maiores, tamén as pisaron comprobando o resultado desta labor: o mosto.
Deste xeito, os alumnos puideron coñecer de primeira man como se recollen e tratan as uvas durante a vendima co obxectivo de fabricar o viño, así como os diferentes xeitos de preparar as uvas na cociña.