CC.OO esixe a Sanxenxo ampliar a plantilla da Policía Local
Por Redacción
O sindicato Comisións Obreiras considera "urxente" a ampliación do persoal da Policía Local de Sanxenxo, ao entender que a prórroga de seis contratos de auxiliares é un "parche provisional".
Cos recortes de persoal dos últimos anos, o corpo pasou de 31 a 25 efectivos, o que para este sindicato é "insuficiente" para prestar un servizo de calidade.
O goberno municipal xustifica a ampliación dos seis contratos, segundo CC.OO, na mellora da seguridade cidadá, pero entenden que ese obxectivo debe garantirse os doce meses do ano, sobre todo ao celebrarse eventos "multitudinarios" como a cabalgata de Reis, entroido ou Semana Santa.
Todos eles, lembran, necesitan dunha "ampla presenza policial".
Ademais, Comisións Obreiras critica que a prórroga dos contratos non se realice segundo a orde da relación facilitada pola Academia Galega de Seguridade Pública, que foi a utilizada para a contratación inicial dos auxiliares, xa que non se lles prorrogou os contratos aos seis primeiros desa lista.
Ao sindicato "cónstanos" que algún aos que lles correspondería esa prórroga estarían dispostos a seguir e non foron aos que se lles ampliou o contrato.