Sanxenxo aumenta ata 44 o número de auxiliares de Policía Local contratados
Por Redacción
O pasado mes de xuño Sanxenxo levaba a cabo a contratación de 34 auxiliares de Policía Local, os mesmos que en 2017 e o dobre que en 2016.
Pero co obxectivo de seguir mellorando na seguridade do municipio, o goberno municipal fixo un "novo esforzo orzamentario" para aumentar en 10 o número de auxiliares contratados o pasado mes de xuño, contando así cun persoal de 44 auxiliares para este verán.
Desde o Concello valoraron que o goberno local "está a poñer todos os medios e recursos posibles para reconducir os excesos doutros veráns".
É por iso que se quere reiterar que o goberno vai ser "moi firme e constante" na mellora da seguridade cidadá, especialmente nos espazos de lecer nocturno.