O Ministerio de Economía cofinanciará os proxectos de turismo intelixente da Deputación e a Mancomunidade do Salnés
Por Oskar Viéitez
Os proxectos da Deputación e da Mancomunidade do Salnés resultaron beneficiarios da convocatoria de concesión de axudas "Destinos Turísticos Intelixentes" de Red.es, entidade pertencente ao Ministerio de Economía e Empresa a través da Secretaría de Estado para o Avance Dixital.
A resolución publicada este xoves prevé mobilizar 1,4 millóns de euros para a Mancomunidade do Salnes e 1,9 millóns para a Deputación dos que Red.es achegará o 60% grazas á cofinanciación europea. As entidades locais faranse cargo, pola súa banda, do resto do custo total estimado.
"Tourist Inside Rías Baixas" é o proxecto impulsado pola Deputación de Pontevedra destinado á transformación dixital das oficinas de turismo, a implantación de servizos dirixidos ao turista, a dixitalización do territorio mediante o despregamento de sensores e equipamento TIC, a evolución de ferramentas dirixidas ao sector empresarial e a implantación dunha plataforma de interoperabilidade.
Finalmente, "Sanxenxo e O Grove: Polos Turísticos Intelixentes" é a iniciativa da Mancomunidade do Salnés que impulsará a xestión intelixente das praias, o despregamento de sensores e sistemas de xestión da seguridade e o aparcadoiro, así como a implantación dunha rede wifi, dun cartón turístico e dunha plataforma de Smart DTI.
Relacionadas:
-
Sanxenxo e O Grove presentan unha nova web deseñada para facilitar o traballo ás empresas turísticas
Por Oskar Viéitez |
-
Las Rías Baixas, promotoras dunha rede estatal de destinos turísticos intelixentes
Por Alejandro Espiño |
-
Carmela Silva: "Tentar acusar de falsidade a un cargo público paréceme escandaloso"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Sanxenxo e O Grove avanzan nun proxecto conxunto como destinos turísticos intelixentes
Por Redacción |
-
Sanxenxo e O Grove solicitarán conxuntamente unha axuda para ser destinos turísticos intelixentes
Por Redacción |
-
A Mancomunidade do Salnés redactará un Plan estratéxico de Turismo
Por Redacción |
-
Qué é Smart Destinos Pontevedra?
Por Oskar Viéitez |