O Día de Colón premiará a decoración dos locais de Combarro
Por Redacción
A organización do Día de Colón segue debullando novidades para a inminente celebración da novena edición desta festa, que se celebrará os días 28 e 29 de setembro.
Nesta ocasión, buscan un maior compromiso dos hostaleiros de Combarro e para iso decidiron crear un concurso que premiará a mellor decoración.
O concurso valorará a decoración do local, o menú que ofrezan e o vestiario que leve o persoal que atende ao público.
As votacións realizaranas os propios participantes, segundo avanzan os organizadores do Día de Colón, que confían nunha maior implicación por parte do sector hostaleiro.