Unha tapa de arqueta en mal estado en Benito Corbal causa feridas a un viandante
Por Redacción
Susto e algo máis o que levou un viandante a última hora da tarde deste martes mentres camiñaba pola céntrica rúa pontevedresa de Benito Corbal.
Esta persoa, un home de 68 anos de idade, terminou no pavimento tras pisar unha das tapas do canlón de desaugadoiro que se atopaba en defectuoso estado ao levantarse a mesma provocando a súa caída e como consecuencia feridas de certa consideración, polas que foi trasladado ao Hospital Quirón Saúde Miguel Domínguez.
No centro asistencial foi atendido de diversas mazaduras e lesións en cóbado e nun dos seus ollos, aínda que non se apreciaron fracturas, polo que foi dado de alta poucas horas despois.
A tapa da arqueta foi reposta polos servizos municipais pouco despois do suceso, quedando sinalizado e protexido en tanto non se efectuou dita reparación, para evitar novos incidentes.
Dada a hora do incidente e o concorrido desa zona en horario de gran afluencia comercial, foron numerosas as persoas que presenciaron os feitos, así como as actuacións que levaron a cabo para aclarar o sucedido e auxiliar ao accidentado, a cargo nun primeiro momento dunha unidade da Policía Nacional e unha ambulancia do 061, para posteriomente facerse cargo das dilixencias a Policía Local.