Susto en Caldas polo desprendemento de pezas da cornisa dun edificio
Por Redacción
Ao redor das 22.00 horas deste martes 14, varias tellas de lousa da cornixa do edificio número 38 da avenida Dores Mosquera, no municipio de Caldas de Reis, desprendíanse caendo á calzada nunha zona na que se atopa unha cafetería. Segundo a información facilitada pola Policía Local non se produciron danos persoais.
Ata o lugar desprazouse unha dotación dos Bombeiros do Consorcio provincial para avaliar o estado da cornixa e a través do guindastre retiraron aquelas pezas que se mantiñan no tellado pero que se atopaban frouxas e corrían perigo de desprenderse.
Por parte da Policía Local acordoouse a zona para evitar que por esa zona transitasen os peóns. Ademais de axentes da Policía Local de Caldas e dos Bombeiros do Consorcio, na intervención tamén participaron efectivos de Protección Civil.
A caída das pezas de pizarra sorprendeu ás persoas que se atopaban na contorna, que se levaron un bo susto ante o desprendemento.