Accidente laboral en Cambados dun operario que caeu dunha escaleira de 2,5 metros de altura
Por Redacción
Un veciño de Cambados, que responde as iniciais J. M. C. C., caía dunha escaleira na tarde deste luns, segundo informan desde os servizos de Emerxencias.
Por causas por determinar, o home perdía o equilibrio e precipitábase desde ao redor dos dous metros e medio nas instalacións da empresa Acernor, un almacén de produtos siderúrxicos situado en Castrelo, Cambados.
O home foi trasladado por unha ambulancia do 061 ao Hospital do Salnés cunha posible rotura de cóccix, segundo Emerxencias. Ata o lugar desprazábase a Garda Civil do Cuartel de Cambados, o Servizo de Emerxencias e a amulancia do 061.