O delegado do Goberno critica a "lucha partidaria" por Elnosa e reitera o compromiso de peche

Por Redacción
O peche de Elnosa na súa actual localización de Lourizán é cuestión de "los plazos legales que pueden ser de uno, dos o tres meses", asegurou este luns o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, tras reunirse coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.
Losada lembrou que actualmente hai dous expedientes abertos referidos á caducidade da concesión, de caducidade da concesión nos terreos de Costas por sentenza xudicial e outro de caducidade da concesión pola súa terminación en 2018, e que mentres non se resolvan non se pode dar por efectivo o peche da electroquímica.
Con todo, reiterou o "compromiso claro" do Goberno neste asunto, xa que "Elnosa ha acabado su actividad ahí y tendrá que dejar los terrenos conforme los encontró antes de llevar a cabo su trabajo", sinalou.
Ademais Javier Losada pediu "responsabilidad" ás formacións políticas para loitar "contra la contaminación y por una Pontevedra limpia", o que supón "no utilizar un tema que es bajo mi punto de vista administrativo, como es el fin de una concesión, para hacer lucha partidaria".
NÓ DE BOMBEIROS
No encontro entre delegado do Goberno e presidenta provincial analizáronse outros proxectos que a Administración Central ten pendentes na cidade e na provincia, como é a reforma do Nó de Bombeiros, obras que inclúen unha senda peonil na zona e que terán un orzamento aproximado de 6 millóns de euros, estando pendentes da firma dun convenio cos xestores da AP-9 para poder proceder á súa licitación.
Outros asuntos tratados foron o proxecto da liña do AVE por Cerdedo, en fase de estudo da súa viabilidade, ou a mellora de tramos de camiño de Santiago ao seu paso prol a provincia.
Relacionadas:
-
O BNG pregunta á Xunta que fai para manter os postos de traballo e a actividade industrial de Elnosa
Por Redacción |
-
A xustiza avala o rexeitamento do Concello aos plans urbanísticos de Elnosa
Por Redacción |
-
Carmela Silva confirma a Mosquera que o Goberno central non ten intención de que Elnosa continúe en Lourizán
Por Anxo Lourido |
-
O PP acusa á Deputación de ser "cómplice" da perda dos postos de traballo en Elnosa
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Concello quere saber en base a que resolución o Goberno permite o "disparate" de Elnosa
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta insta o Goberno a resolver canto antes a situación de Elnosa: "Non pode ser un limbo eterno"
Por Natalia Puga |
-
O PSOE esixe ao Concello que "non enturbie" a xestión do Goberno sobre Elnosa
Por Alejandro Espiño |