A Festa Corsaria de Marín buscará consolidar a participación na súa sétima edición
Por Redacción
A sétima edición da Festa Corsaria de Marín celebrarase o próximo 18 de agosto con novidades na súa programación, que consolidará os cambios e obxectivos implantados na edición do ano pasado. Os organizadores daranos a coñecer nos próximos días, pero este xoves xa se soubo que o obxectivo principal marcado que se marcan é aumentar a participación da cidadanía nas actividades que están programadas.
A Festa Corsaria conmemora os fitos históricos do corsario marinense Juan Gago de Mendoza e afronta esta nova edición co obxectivo de lograr maior implicación da ciudanía e a hostalería en canto a instalación de postos e mesas para comidas e ceas, pois desta forma poderase lograr a consolidación do evento como un espazo de confraternidade e diversión.
O programa pretende consolidar as actividades que máis éxito tiveron o ano pasado, como o desembarco corsario ou actividades de rúa, e este ano ampliará os concursos participativos para o público e entidades. Manterase no programa os concursos de decoración das mesas de hostalería e particulares e haberase un novo de escaparatismo e outro baseado nas redes sociais e fotos realizadas durante o evento.
O Concello de Marín abriu o pasado 15 de xuño o prazo para a solicitude de espazos para a hostalería e particulares para que poidan montar as súas mesas para comidas e ceas. Todas as persoas interesadas terán de prazo para presentar os seus solicitades ata o próximo 10 de agosto. O prego de condicións pódese descargar na web do Concello ou recoller no punto de información do Concello.
Cada solicitante deberá cumprir unha serie de requisitos de ambientación, montaxe dos postos e seguridade, acordes co espírito de recreación histórica que caracteriza a Festa Corsaria, baseada no Marín do século XVIII. Unha vez cuberta a solicitude, deberá presentarse no rexistro do concello. Ademais existe un correo electrónico para informar de calquera dúbida: festacorsaria2016@ gmail.com.
Nesta ocasión serán os oficios do mar a base do programa, polo que se agradece que tanto a ambientación como as actividades que se realizan durante ese día viren ao redor deste tema.Con respecto ás comidas, unha vez finalizado o prazo de inscrición, realizarase a asignación dos postos tendo en conta as localizacións de edicións anteriores e a data da presentación da solicitude.
O día 18 de agosto será o día principal do evento pero ao igual que a Feira de Artesanía terá unha duración de tres días, entre a tarde do venres e o domingo. A inscrición para participar segue aberta ata o 1 de agosto.
Relacionadas:
-
Marín, unha vila invadida de piratas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Festa Corsaria multiplica a demanda para colocar mesas particulares e postos na rúa
Por Redacción |
-
Búscanse corsarios e ingleses. Razón: Festa Corsaria de Marín
Por Redacción |
-
Chega a VI Festa Corsaria de Marín: Isto é unha abordaxe!
Por Diego Torrado |
-
Conta atrás para unha Festa Corsaria de récord
Por Redacción |
-
A Festa Corsaria recibe máis de 50 solicitudes para comer na rúa
Por Redacción |
-
O Marín do século XVIII, protagonista da próxima Festa Corsaria
Por Redacción |