A Festa Corsaria multiplica a demanda para colocar mesas particulares e postos na rúa
Por Redacción
Pechado o prazo oficial de solicitudes para a celebración de comidas de particulares e petición de postos hostaleiros na rúa, a sétima edición da Festa Corsaria de Marín pode xa considerarse un éxito.
O Concello confirmou un incremento do 42% neste tipo de peticións, en particular grazas ás 63 solicitudes para ceas e comidas na rúa realizadas por particulares, mentres que se recibiron 50 peticións de hostalería.
Con estes números o goberno local espera chegar á cifra de 2.000 particulares participando na festa que conmemora as fazañas dos irmáns Gago de Mendoza.
Por outra banda, este luns abriu na web www.festacorsaria.com o prazo de votación para elixir os tres mellores escaparates do concurso deste ano, unha das novidades da programación. O prazo permanecerá aberto ata as 14:00 horas do sábado 18 de agosto.
Relacionadas:
-
"Grato sabor" no goberno local de Marín pola "masiva" Festa Corsaria
Por Redacción |
-
Marín, unha vila invadida de piratas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Búscanse corsarios e ingleses. Razón: Festa Corsaria de Marín
Por Redacción |
-
A Festa Corsaria de Marín buscará consolidar a participación na súa sétima edición
Por Redacción |