Isto é unha abordaxe!
Por Diego Torrado
A Festa Corsaria de Marín xa está consolidada como unha cita indispensable do verán na vila. Por se quedaba algunha dúbida, este fin de semana celebrouse a sexta edición cun récord de participación de mesas particulares -44- e, a pesar do bo tempo que animaba a pasar o día na praia, unha cifra máis que aceptable de público en todas as actividades.
A cita comezou este venres e prolongarase na xornada do domingo, pero este sábado viviuse o día grande coa Alameda como epicentro da actividade festiva e actos en O Priorado, as rúas Sol e Real, Parque Eguren, Méndez Núñez, Fondo do Saco e Lameira. O regreso ao pasado foi xeneralizado en todo Marín, que se trasladou, de novo, esta fin de semana ao século XVIII.
O parque Eguren acolleu a nova vila mariñeira, onde 14 artesáns recrearon os oficios do século XVIII, época na que Marín era unha vila de actividade pesqueira e onde os participantes pudieorn coñecer o traballo de redeiros de Combarro, carpinteiros de riveira de Bueu, torneiros de Marín ou alquimistas de Campo Lameiro, á vez que participaban en talleres de esgrima, tiro con arco e cetrería.
Maxia, circo, animación, lume e numerosas atraccións non faltaron na cita corsaria do verán, que na noite deste sábado ten o colofón coa actuación dos grupos de música tradicional Pelapau e Virandeira, e o espectáculo final coa recreación da batalla de Seixo entre os ingleses e os veciños do Morrazo, capitaneados polos irmáns Gago de Mendoza.
A animar a xornada contribuíu a feira de artesanía e hostalería que xa se instalou este venres, cun total de 68 postos de gastronomía e expositores de Andalucía, Madrid ou Estremadura, entre outras comunidades.
Relacionadas:
-
Búscanse corsarios e ingleses. Razón: Festa Corsaria de Marín
Por Redacción |
-
A Festa Corsaria de Marín buscará consolidar a participación na súa sétima edición
Por Redacción |
-
Conta atrás para unha Festa Corsaria de récord
Por Redacción |
-
Marín recruta voluntarios para participar na batalla de Aguete
Por Oskar Viéitez |
-
A Festa Corsaria recibe máis de 50 solicitudes para comer na rúa
Por Redacción |
-
O Marín do século XVIII, protagonista da próxima Festa Corsaria
Por Redacción |
-
O luns ábrese o prazo para a solicitude de xantares e ceas para a Festa Corsaria
Por Redacción |