O Concello confía en ter un borrador da ordenanza de mobilidade en setembro
Por Redacción
O goberno municipal comezou a manter contactos con diferentes colectivos para confeccionar un primeiro borrador da ordenanza que se pretende aprobar en materia de mobilidade. Así, a Casa da Luz acolleu este luns un primeiro encontro sectorial.
A el, entre outros, ademais dos partidos políticos con representación na corporación municipal, participaron asociacións e colectivos como a Federación Castelao ou Pedaladas.
César Mosquera, responsable político desta ordenanza, explicou que a ordenanza foi encargada a un estudo técnico e que confía en que o borrador poida estar dispoñible a principios de setembro. Iso si, recoñeceu que non será fácil que poida ser aprobada antes de que finalice o actual mandato.
Conxugar as diferentes posturas dos colectivos consultados, en todo caso, obrigará a un arduo traballo de estudo e análise das propostas presentadas.
Entre outras cuestións, na reunión analizouse a efectividade dos lombos como medida de acougado de tráfico e o estudo de medidas alternativas, a posibilidade de implantar o transporte público en autobús na cidade, a creación de carrís bici ou a convivencia cos ciclistas en áreas peonís.
Relacionadas:
-
Pedaladas cre que a Ordenanza de Mobilidade de Pontevedra non se aprobará neste mandato
Por Oskar Viéitez |
-
O estudo encargado polo Concello propón 'zona 10' para coches e bicis en rúas de plataforma única
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación destina un millón e medio de euros á construción dos novos lombos e redutores de velocidade
Por Redacción |
-
Pedaladas propón restrinxir o estacionamento para os vehículos máis contaminantes
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello pide colaboración cidadá para deseñar a nova ordenanza de mobilidade
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello pide "tranquilidade" ante unha ordenanza de mobilidade que está "en fase de borrador"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada