Pedaladas propón restrinxir o estacionamento para os vehículos máis contaminantes
Por Oskar Viéitez
A asociación ciclista Pedaladas entregou as súas achegas á futura ordenanza municipal de mobilidade que quere aprobar o goberno local de Pontevedra co obxectivo reducir aínda máis "o uso abusivo do espazo público que representa o modelo de mobilidade baseado nos automóbiles".
Entre outras achegas este colectivo entende que "as beirarrúas deben ser de uso peonil", quedando prohibidas a calquera vehículo que non sexan menores de 12-14 anos acompañados por adultos utilizando unha bicicleta, persoas con mobilidade reducida, patíns, patinetes e outros similares non motorizados.
Apostan pola convivencia na calzada "en igualdade de condicións" de vehículos de mobilidade persoal, bicicletas e automóbiles. Así consideran que os maiores de 15 anos que utilicen un vehículo de mobilidade persoal deben poder usar a calzada naqueles puntos nos que a limitación de velocidade e o acougado de tráfico sexan efectivos.
As súas propostas para "minimizar o uso dos vehículos a motor" inclúen "articular ferramentas para restrinxir o acceso aos vehículos máis contaminantes" e suxiren "prohibir o estacionamento na vía pública" de determinados vehículos para "desincentivar o seu uso" creando "áreas de baixas emisións ou áreas de preferencia residencial", indican desde Pedaladas.
Relacionadas:
-
O estudo encargado polo Concello propón 'zona 10' para coches e bicis en rúas de plataforma única
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello confía en ter un borrador da ordenanza de mobilidade en setembro
Por Redacción |
-
A falta de financiación deixa sen continuidade o programa de promoción do uso da bicicleta "Ao InstienBici"
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello pide colaboración cidadá para deseñar a nova ordenanza de mobilidade
Por Alejandro Espiño |
-
Pedaladas relaxa as súas protestas contra a "ordenanza do despacito"
Por Oskar Viéitez |