O xuíz decreta o ingreso en prisión sen fianza da parella de ladróns capturada en Silleda
Por Redacción
O titular do Xulgado número 3 de Pontevedra decretou o ingreso en prisión comunicada e sen fianza da parella de presuntos delincuentes capturada no límite entre A Estrada e Silleda tras prestar declaración ao longo desta mañá no edificio da Parda.
Chegaron ás 9.35 da mañá e tras esperar dez minutos no interior de vehículo entraron nas dependencias xudiciais. El chegou nunha furgoneta da Garda Civil mentres que a súa parella fíxoo nun coche patrulla da benemérita, cos cristais tintados.
Entre os axentes da Garda Civil e da Policía Nacional encargáronse de cubrilos, aínda que no caso do home este xesto parecía innecesario xa que vestía unha sudadera con carapucha que lle cubría a testa.
Agora atópanse baixo a custodia da Policía Nacional polo que os axentes do Instituto Armado xa abandonaron as instalacións.
Os dous individuos, identificados coma Miguel Ángel Serrano Losana e Carmen Castelo Romero, co paso das horas seguen acumulando atestados por diferentes delitos cometidos na capital da provincia, Ponte Caldelas, O Salnés, A Estrada, ata se investiga a súa participación noutros sucesos en distintos lugares de España.
Fontes da investigación apuntan que esta parella chegou a Galicia fuxindo de Levante e un xulgado de Alacante tramitou xa unha requisitoria.
Relacionadas:
-
Prisión sen fianza para a parella de ladróns que actuou e fuxiu por todas as Rías Baixas
Por Natalia Puga |
-
A parella de ladróns á fuga, sospeitosa dun roubo con violencia no Gorgullón o 1 de maio
Por Natalia Puga |
-
Deteñen na Estrada á parella de ladróns fuxidos do Salnés nun coche recén roubado en Pontevedra
Por Redacción |
-
A Garda Civil persegue polo Salnés aos sospeitosos de varios roubos en vivendas
Por Oskar Viéitez |