A Garda Civil persegue polo Salnés aos sospeitosos de varios roubos en vivendas
Por Oskar Viéitez
Según fontes da investigación son considerados perigosos, de aí o forte dispositivo da Garda Civil para intentar capturar a dous presuntos delincuentes aos que se lles relaciona cunha oleada de roubos en vivendas.
Máis dunha trintena de axentes do Instituto Armado co reforzo dun helicóptero peitean o municipio de Sanxenxo para dar cun un home e unha muller que nas últimas horas protagonizaron unha perigosa fuga polas estradas da comarca do Salnés.
Estes particulares Bonnie and Clyde foron localizados en Cambados conducindo un Citroen Xsara Picasso de forma temeraria, despistando á Benemérita ao invadir o carril contrario e tras ocasionar algúns accidentes, entre outros, golpearon a un ciclista.
Os fuxitivos demostraron coñecer moi ben a zona xa que conseguiron sortear o estreito cerco das forzas de seguridade e tras abandonar o vehículo nunha leira fuxiron a pé pola zona do Revel, na parroquia de Vilalonga.
Relacionadas:
-
O xuíz decreta o ingreso en prisión sen fianza da parella de ladróns capturada en Silleda
Por Redacción |
-
A parella de fuxitivos burla á Garda Civil entrando na súa casa, tomando un café nun bar e collendo un taxi
Por Redacción |
-
Estenden a outras provincias a busca dos dous ladróns que eludiron á Garda Civil no Salnés
Por Natalia Puga |