A parella de fuxitivos burla á Garda Civil entrando na súa casa, tomando un café nun bar e collendo un taxi
Por Redacción
A parella de prófugos que desde hai uns días está sendo perseguida pola Garda Civil volveu a burlarse dos axentes da Benemérita.
Facendo gala dunha pasmosa tranquilidade estes singulares Bonnie and Clyde acudiron á súa vivenda alugada en Cambados, no barrio de San Tomé. Foi de madrugada e non lles importou que estivese vixiada. Entraron pola porta traseira.
Tampouco tiveron reparos en acudir, preto da súa casa, ata o bar O Paseo a tomar café, eran as oito da mañá. A camareira do establecemento, que non os recoñeceu, explicou que ían ben vestidos e demostraban moita calma.
Os axentes do Instituto Armado foron alertados polos veciños de que a porta traseira do inmoble estaba aberta, pero xa non había ninguén dentro da vivenda. Demasiado tarde.
Logo tomaron un taxi en Cambados que lles levou ata Pontevedra. A Garda Civil montou entón un operativo nas estacións de tren e autobús. Non hai confirmación oficial sobre se deu algún resultado.
Segundo fontes da investigación a identidade do home responde ás iniciais M.A.S.L., é un toxicómano natural de Madrid. Ten unha pistola de aire comprimido. A súa fotografía foi repartida ás bases de datos da Policía Nacional e Locais.