1.500 racións de becerro ecolóxico ao espeto en Viascón
Por Redacción & Diego Torrado
Este domingo a parroquia de Viascón, no municipio de Cerdedo-Cotobade, púxose as súas mellores galas para gozar da quinta edición da festa gastronómica do Becerro Ecolóxico ao Espeto. Trátase dunha cita que, cada ano, adquire maior relevancia e máis presenza de visitantes.
A festa desenvolveuse no recinto da Casa do Pobo, nas proximidades da igrexa e o menú de degustación incluía carne con patacas, veu ou auga, pan, café e rosca a un prezo de 15 euros por comensal.
O recinto contaba ademais con animación musical e con xogos para os menores. Desde primeiras horas da mañá, os responsables de cociña comezaron os seus traballos para que o becerro ecolóxico estivese no seu punto. Numerosos turistas achegáronse ata o municipio para probar este prato exquisito e chegáronse a servir ao redor de 1.500 racións entre todos os visitantes.
Á cita non faltaron a presidenta do Congreso de Deputados, Ana Pastor; o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda e o presidente do municipio, Jorge Cubela.