A exaltación ao Bolo de San Martiño en Borela pecha as festas gastronomicas no municipio
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade vai pechar este sábado 17 o seu circuíto anual de festas gastronómicas coa exaltación e degustación popular do tradicional Bolo de San Martiño, unha receita típica do outono, na parroquia de Borela.
A cita culinaria, a oitava e derradeira do ano no municipio, comezará ás 19.00 horas e incluirá unha degustación popular e gratuíta do bolo xunto con castañas e sardiñas asadas e viño de país. A organización ten previsto elaborar unha quincena de bolos de gran tamaño que permitirán saborealo a centos de persoas e atender a todo o público asistente.
Polo demais, as Festas de San Martiño de Borela comezarán ás 13.00 horas cunha misa solemne seguida de procesión co acompañamento do grupo tradicional Os Afoutes do Canón de Pau. Pola noite, e tras a cita gastronómica, haberá a tradicional verbena coa orquestra Televisión e o dúo Caché no campo da festa, que estará cuberto por unha gran carpa.
O Concello clausurará deste xeito o circuíto de festas gastronómicas de 2018, que conta na actualidade co Petote en Carballedo, o Becerro Ecolóxico ao Espeto en Viascón, o Requeixo en Corredoira, As Manciñas de Porco en Augasantas -estreada este ano-, a Filloa en Valongo, o Pan de Millo e Ovo en Tenorio, o Caracol en Santa María de Sacos e o citado Bolo de San Martiño en Borela.
Relacionadas:
-
A Festa do Petote renóvase e dá o salto a restaurantes de Cotobade e Cerdedo
Por Redacción |
-
Valongo servirá 5.000 filloas o sábado na súa festa gastronómica
Por Oskar Viéitez |
-
1.500 racións de becerro ecolóxico ao espeto en Viascón
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Festa do Codillo bate o seu récord de asistencia
Por Redacción |
-
A Festa das Manciñas de Porco súmase aos eventos gastronómicos de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
A Festa do Petote, toda unha garantía de éxito
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Tenorio celebra o sábado a Festa do pan de millo e ovo
Por Oskar Viéitez |
-
O requeixo, de novo protagonista na Corredoira
Por Redacción |
-
Viascón agarda recibir a 1.300 comensais na festa do becerro ecolóxico ao espeto
Por Redacción |