Marea Pontevedra pide ao pleno que rexeite a sentenza de "La Manada"

Por Oskar Viéitez
Marea Pontevedra solicita que o pleno de Pontevedra exprese o seu rexeitamento ao fallo xudicial da sentenza xudicial ao grupo de mozos coñecido como "La Manada". A concelleira de Marea Pontevedra, Carmen Moreira, rexistrou este mércores o texto.
A moción pide que o Concello manifeste o rexeitamento á sentenza e á interpretación legal realizada polos maxistrados da Audiencia de Navarra, entendendo que si existiu intimidación e, polo tanto, unha violación que debe ser considerada agresión sexual, e non abuso, tal e como se establece nos artigos 178 e seguintes do Código Penal.
Ademáis o texto denuncia "o feito de que as mulleres sigamos sendo dobremente vítimas: por parte dos agresores e por parte dunhas institucións asentadas no patriarcado e na criminalización das agredidas".
Marea quere que o Concello inste ao Goberno e ás Cortes a levar a cabo as políticas e iniciativas lexislativas precisas para equiparar normativamente a ausencia de consentimento á súa negativa no eido dos delitos contra a liberdade e a indentidade sexual.
Engade a moción que o goberno local debe intensificar, nas políticas do Concello, a perspectiva de xénero para garantir un sistema máis xusto e democrático ás mulleres que residen nel.
Finalmente Marea pide que se instauren medidas reais de empoderamento das mulleres en tódolos ámbitos, nomeadamente nas institucións; así como garantir instrumentos de concienciación social que sirvan para educar na igualdade e na liberdade das persoas coa fin de rematar coas violencias machistas.
Relacionadas:
-
BNG e PP rexeitan pedir a gratuidade do parking do Gran Montecelo nun pleno con protestas desde as butacas
-
Pontevedra amence empapelada coas caras de "La Manada"
Por Alejandro Espiño |
-
As mulleres de Ponte Caldelas concéntranse en repulsa á sentenza de La Manada
Por Redacción |
-
Cambados amosará a súa oposición á sentenza xudicial polo caso da Manada cunha aperta á Naiciña
Por Redacción |
-
Ana Pontón afirma en Pontevedra que o BNG pedirá a reprobación no Parlamento dos xuíces do caso da Manada
Por Redacción |
-
Indignación en Pontevedra pola sentenza contra 'La Manada': "Non é non. O resto é violación"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |