Lores ve "razoables" as demandas dos traballadores da residencia de Campolongo
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, mostrou este mércores o seu apoio aos traballadores da residencia da terceira idade de Campolongo que están a reclamar melloras nas condicións laborais e asistenciais.
Tras manter un encontro con eles, Fernández Lores sinalou que as súas demandas son "absolutamente razoables" e avanzoulles que o BNG levará ao pleno municipal unha moción para esixir á Xunta investimentos en persoal e equipamentos.
Ferrán Couto, presidente en funcións do comité de empresa, citou algunhas das carencias que ten a residencia e que causan unha sobrecarga de traballo "difícil de soportar" e atentan contra a "dignidade" dos maiores que alí viven.
Entre outras, o delegado falou da falta de persoal -por exemplo no Meixoeiro de Vigo (unha residencia mixta de idénticas características) hai 39 auxiliares de Enfermería mentres que na de Pontevedra hai 23-, e déficit de equipamentos axeitados como ascensores non adaptados á mobilidade de persoas asistidas, falta de aspiradores ou problemas no comedor.
A residencia de Campolongo, recordou o alcalde, foi aberta no ano 1993 para persoas válidas e que hoxe en día, con 101 residentes, é "mixta" (para válidas e asistidas) sen terse feito os investimentos precisos en equipamentos e persoal necesarias para o seu óptimo mantemento.
Relacionadas:
-
Persoal do centro de maiores de Campolongo recollerá sinaturas ante a situación de precariedade do servizo
Por Paula Sanmartín & Anxo Lourido |
-
Política Social compromete melloras para a residencia de Campolongo
Por Redacción |
-
Preguntarán ao conselleiro de Política Social sobre as carencias na residencia de Campolongo
Por Redacción |
-
En Marea leva ao Parlamento a necesidade de medidas urxentes na residencia de maiores de Campolongo
Por Redacción |
-
Cidadáns pedirá ao Concello que esixa á Xunta a mellora do centro de maiores de Campolongo
Por Redacción |
-
O BNG leva ao Parlamento as demandas do comité de empresa da residencia de Campolongo
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian deficiencias e falta de persoal no Centro de Maiores de Campolongo
Por Redacción |