Sanxenxo presenta á Deputación proxectos por un total de 1,2 millóns de euros
Por Redacción
1.220.000 euros é a contía aproximada na que están valorados os proxectos que o Concello de Sanxenxo remitirá á Deputación de Pontevedra, para que sexan financiados con cargo ao Plan Concellos 2018-2019. Este mércores celebrarase un Pleno con carácter extraordinario para presentar as solicitudes, un trámite necesario.
A cantidade total da que dispón Sanxenxo no Plan Concellos, é de 1.644.700 euros, polo que faltarían por distribuír 424.000 euros para o ano 2019. Os proxectos que agora mesmo atópanse en fase de redacción e o seu orzamento aproximado son os seguintes:
SERVIZOS BÁSICOS
- Abastecemento Outeiro-Quintáns- Ricardo Santos. 193.390 euros. Instalación de colector de saneamento de augas residuais e tubaxe de abastecemento de auga en Outeiro (Vilalonga), Quintáns (Noalla) e Ricardo Santos (Padriñán).
- Abastecemento Buezas-Aldariz. 47.600 euros. Prolongación da rede de abastecemento de auga desde Buezas (Nantes) ata Aldariz (Padriñán).
- Instalación Saneamento Canelas. 54.600 euros. Instalación da rede de saneamento de augas residuais en Canelas (Portonovo).
- Fornezo bomba de auga, 33.200 euros. Subministración e Instalación de bombas nos bombeos de augas residuais da Revolta (Noalla) e Arnosa (Vilalonga).
- Pavimentación Noalla-Vilalonga. 79.000 euros. Pavimentación e dotación de abastecemento de auga en viarias municipais de Tombelo, Pontes, Piñeiros, Freixo.
INFRAESTRUTURAS
- Priorado Arra, 185.300 euros. Un novo investimento na Casa do Priorado de Arra permitirá terminar a súa rehabilitación.
- Marquesiñas, 102.800 euros. Novas marquesiñas e poñer en marcha un “plan renove” desta infraestrutura en diferentes puntos do municipio, substituíndo as existentes, ou colocando novas onde sexa necesario.
- Aseos Praias, 130.000 euros. Adquisición de módulos fixos que se instalarán en diferentes praias, co obxectivo de mellorar a calidade dos servizos dos areais.
- Casa de Don Fernando, 134.000 euros. Para mellorar a accesibilidade das instalacións e para executar proxectos pensados na casa.
- Camiño As Salinas e Da Costiña a Fonte de Ons, 131.000 euros. As Salinas é un paso duns 500 m de lonxitude, utilizado diariamente por un gran número de persoas, por conectar o núcleo da Revolta coa contorna da Lanzada. Este viario, e o que transcorre desde A Costiña a Fonte de Ons, necesitan que se acometa neles unha actuación de mellora do firme existente e que poña fin aos problemas de inundacións que se suceden en As Salinas.
- Parque Espiñeiro, 126.000 euros. Renovación da zona deportiva do Parque do Espiñeiro.
Estes proxectos anteriormente mencionados pertencen á primeira liña 1 do Plan, destinada a investimentos. Ademais desta, o Plan Concellos conta con dúas liñas máis; unha centrada na no financiamento de actos culturais, sociais, deportivos e educativos. E a outra destinada ao fomento do emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais.
Relacionadas:
-
Sanxenxo gaña á Deputación no xulgado e recibirá unha subvención para mellorar a contorna do colexio de Portonovo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Licitada a reforma integral da zona deportiva de Espiñeiro, en Portonovo
Por Redacción |
-
Deputación destina 2,2 millóns a cofinanciar servizos sociais nos concellos
Por Redacción |
-
Comezan as obras de abastecemento e saneamento nun tramo do paseo de Silgar
Por Noelia Torres Pintos |
-
O goberno de Carmela Silva destina fondos para a contratación de 48 persoas en Bueu e O Grove
Por Redacción |