O goberno de Carmela Silva destina fondos para a contratación de 48 persoas en Bueu e O Grove
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a décima relación de concellos que se van beneficiar das achegas da liña 3, para o fomento do emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, do Plan Concellos 2018. Así, Baiona, Bueu e O Grove son as vilas que van recibir 553.560,89 euros para a contratación de 86 persoas.
A Bueu, a Deputación de Pontevedra achega 164.831,78 euros para contratar 27 traballadores que realizarán tarefas relacionadas coa xardinería, administración, animación, carpintería, traballo forestais e limpeza.
A Deputación de Pontevedra destinará ao Grove 180.401,75 euros para contratar 21 traballadores para obras públicas, carpintería, traballos forestais, xardinería, administración, condución e turismo.
Este ano, a liña 3 do Plan Concellos está dotada de 9.540.000 euros, un 2,5% máis que no 2017. Con estas achegas aos concellos de Baiona, Bueu e O Grove, xa está concedido o 86% da liña 3, beneficiando a 53 concellos da provincia e empregando a preto de 971 persoas.
Relacionadas:
-
Cuntis, Portas e Vilagarcía contratarán 69 traballadores con cargo ao Plan Concellos
Por Redacción |
-
O Grove inicia os trámites para contratar 21 persoas
Por Redacción |
-
Cen mil euros do Plan Concellos para Barro
Por Redacción |
-
Sanxenxo presenta á Deputación proxectos por un total de 1,2 millóns de euros
Por Redacción |
-
A Deputación e Abanca poñen a disposición de empresas, familias e concellos unha liña de crédito de 50 millóns
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Ponte Caldelas incorporará 10 operarios ás súas brigadas
Por Redacción |