O Concello licita as obras necesarias para a posta en marcha do parque empresarial de Nantes
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo licitou este mércores todas as obras necesarias para que o parque empresarial poida empezar a funcionar no prazo comprometido cos propietarios e que finaliza o 22 de outubro.
O goberno local cumpre así co compromiso adquirido de licitar as obras pendentes do parque empresarial en 2 meses a contar desde a entrada, o 22 de febreiro, no rexistro do Concello do acta da asemblea de propietarios.
Licitáronse cinco proxectos, tres por un procedemento negociado e outros dous mediante adxudicación directa. Os cinco proxectos suman un total de 312.413 euros, cantidade que é posible que finalmente baixe en función das ofertas que se reciban.
Concretamente licitouse o servizo de limpeza de viarias, beirarrúas e zonas verdes do parque empresarial, valorado en 42.069 euros; a reparación de vías, beirarrúas e senda peonil da zona verde do parque empresarial de Nantes, valorada en 89.872 euros; as reparacións na rede de abastecemento de augas residuais, pluviais e abastecemento de auga, valoradas en 135.291 euros; a reposición da instalación da iluminación, valorada en 5.859 euros; e a reposición da sinalización horizontal e vertical, valorada en 39.322 euros.
Relacionadas:
-
Sanxenxo adxudica as obras pendentes no parque empresarial de Nantes
Por Redacción |
-
A actuación no vial de Caneliñas está a piques de terminar
Por Redacción |
-
Catro empresarios recorren a decisión da asemblea de propietarios do polígono de Nantes
Por Redacción |
-
Satisfacción en Sanxenxo ao aprobar os propietarios do polígono de Nantes a folla de ruta proposta
Por Oskar Viéitez |
-
Os propietarios do parque empresarial de Nantes votarán en asemblea a folla de ruta do Concello
Por Redacción |