A actuación no vial de Caneliñas está a piques de terminar
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo informou este luns que a actuación no viario de Caneliñas está a piques de terminar.
Cun orzamento de 4.500 euros, cambiouse a tubaxe de pluviais e a rede de saneamento, que recolle e transporta as augas residuais.
Esta actuación está enmarcada nun conxunto de proxectos que foron redactados por técnicos do Concello, para mellorar o saneamento e o abastecemento de auga, en varias zonas do municipio, valorados en 185.000 euros.
Estes proxectos fináncianse exclusivamente polo Concello, con cargo ao orzamento do 2017, que contempla no capítulo de investimentos unha partida de 300.000 euros para estas melloras. E os futuros que se redacten, irán tamén con cargo ao orzamento de 2018.