Catro empresarios recorren a decisión da asemblea de propietarios do polígono de Nantes
Por Redacción
O presidente da xunta de compensación do polígono de Nantes, Manuel Barbeito, e tres propietarios máis de terreos do parque empresarial presentaron no rexistro do Concello de Sanxenxo un recurso de alzada contra a votación da asemblea de propietarios celebrada o pasado 5 de febreiro.
Tras a presentación destes recursos, iniciarase un procedemento pola vía administrativa e os servizos técnicos municipais emitirán informes técnicos sobre o particular. Previamente, o Concello de Sanxenxo xa quixo aclarar que a iniciativa destes catro propietarios non vai atrasar e, moito menos impedir, que o goberno cumpra a folla de ruta e o calendario que a maioría dos propietarios aprobaron nesa asemblea.
"Na vida, e nunha asemblea de propietarios como é o caso, hai que saber perder e encaixar o resultado dunha votación democrática", indican desde o Concello de Sanxenxo, que considera que "pola contra corres o risco de facer o ridículo".
Un comunicado oficial do Concello indica respecto diso que "pretender cambiar as regras de xogo que che servían cando pensabas que podías gañar a votación, unha vez que a perdiches, retrata a calidade dos promotores da iniciativa".
En opinión dos responsables municipais, estes recursos deixan ao descuberto "as verdadeiras intencións de quen presentou" os mesmos e é "bo" que en Sanxenxo todos os veciños e, especialmente os propietarios do parque empresarial de Nantes, "saiban a que xogaron e pretenden seguir xogando estes catro propietarios, e así entenderán mellor porque o parque leva tantos anos atrancado".
Tras estes recursos, consideran que saíu á luz quen "se dedica a poñer paus na roda" e quen traballan para que a roda do parque empresarial empezo a virar á velocidade que permita poñelo en marcha no prazo previsto.
Relacionadas:
-
Unha trintena de parcelas do polígono de Nantes xa tramitan as súas licenzas
Por Redacción |
-
Sanxenxo adxudica as obras pendentes no parque empresarial de Nantes
Por Redacción |
-
O Concello licita as obras necesarias para a posta en marcha do parque empresarial de Nantes
Por Redacción |
-
Satisfacción en Sanxenxo ao aprobar os propietarios do polígono de Nantes a folla de ruta proposta
Por Oskar Viéitez |
-
Os propietarios do parque empresarial de Nantes votarán en asemblea a folla de ruta do Concello
Por Redacción |
-
Os propietarios do polígono de Nantes deberán poñer 638.391 euros para desatascalo
Por Redacción |