Verteduras de pneumáticos poñen en alerta á Policía Local de Poio, que sospeita de talleres ilegais
Por Diego Espiño
A Policía Local de Poio investiga a aparición de varios puntos de vertedura de pneumáticos de vehículos en diferentes lugares do municipio.
En concreto localizáronse case un cento de pneumáticos en seis puntos, todos eles próximos a Fragamoreira como o Camiño da Bouza, o Camiño Moreira ou o Camiño Cerrada.
As sospeitas recae na posibilidade de que exista algún taller ilegal na zona, polo que se investiga neste sentido para tentar localizar aos responsables e poder proceder a denuncialos por infracción ao medio ambiente.
No caso de cambio de rodas nun particular, a súa obriga é entregar o pneumático gastado no momento da compra do novo, mentres que os talleres están obrigados a entregar un certificado no que asumen o seu deber de entregalos no punto adecuado para o seu tratamento.
Nestas situacións, tirar cascallos ou residuos en zonas non habilitadas pode supoñer unha multa que oscila entre os 3.000 e os 100.000 euros.
A Policía Local baralla ademais a hipótese das verteduras localizadas correspondan a un taller legal que cobre pola taxa de reciclaxe de cada roda pero que defraude ao cliente desfacéndose fraudulentamente do pneumático para ampliar os seus beneficios.
Dada a situación a Poicía solicita a colaboración dos veciños do municipio no caso de observar a algunha persoa abandonando residuos chamando ao teléfono 689575495 ou remitindo un correo electrónico a policialocal@concellodepoio.es.
Relacionadas:
-
A Policía Local de Poio busca os autores de varias verteduras ilegais
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Investigan tres novas verteduras de pneumáticos en Poio
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local de Poio identifica varios infractores de vertidos ilegais
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio identifica varios infractores de verteduras ilegais
Por Redacción |