A Policía Local de Poio identifica varios infractores de verteduras ilegais
Por Redacción
A Policía Local de Poio localizou varias verteduras de ilegais por diferentes lugares do municipio durante este mes de marzo.
No primeiro dos casos, tratouse de defensas de coches tiradas na zona do Muíño próxima ao Camiño da Bouza; no lugar os axentes lograron pescudar a procedencia das defensas a través dos rexistros dun taller próximo, onde constataron a reparación dos vehículos de onde procedían as defensas.
Os feitos ocorreron cando os propietarios do taller entregaron as defensas a un xestor non autorizado, e este despois de cobrar pola xestión, depositounas nunha zona prohibida, polo que se procedeu a formular denuncia administrativa á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, por unha banda ao taller e por outro ao xestor non autorizado. Todos os talleres teñen a obrigación de tratar os residuos cun xestor autorizado.
Noutra ocasión localizáronse restos de cultivos procedentes dunha leira no lugar de Campelo tirados directamente no colector, do mesmo xeito que en Combarro onde os depositaron á beira doutro colector, en ambos os casos localizouse aos responsables.
Na zona de Orgodomonte localizáronse cascallos (escaiolas, madeiras, cables e plásticos entre outros) procedentes dun bar no que se están realizando obras de acondicionamento para poder abrilo ao público. Neste caso tamén se podo localizar ao responsable debido a que no medio do cascallo apareceron documentos que o identificaban.
Tamén se rexistrou un novo caso de pneumáticos tirados, esta vez no lugar do Pereiro. A Policía Local persegue este tipo de infracción que dana seriamente o Medio Ambiente e que carrexa gastos ao Concello pola recollida e o tratamento. De momento non se localizou aos responsables, aínda que a Policía continúa coas pescudas para poder pescudalo e proceder á denuncia.
Se denunciarán todas as verteduras ilegais que se detecten no municipio, en caso de non saber como tratar o residuo, recomendan aos veciños que pidan información no teléfono da Policía Local 689575495 ou remitan un e-mail a policialocal@concellodepoio.es
Relacionadas:
-
A Policía Local de Poio busca os autores de varias verteduras ilegais
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A Policía Local de Poio identifica varios infractores de vertidos ilegais
Por Redacción |
-
Verteduras de pneumáticos poñen en alerta á Policía Local de Poio, que sospeita de talleres ilegais
Por Diego Espiño |