A Policía Local de Poio busca os autores de varias verteduras ilegais
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Durante esta fin de semana axentes da Policía Local de Poio localizaron varias verteduras ilegais con material voluminoso tanto en Campelo como na Fragamoreira. A Policía está a investigar os feitos.
As verteduras rexistraronse no lugar de Fragamoreira, onde atoparon preto dunha decena de pneumáticos nunha gabia. En Campelo, os axentes acharon enseres domésticos como colchóns e varios mobles, ademais da defensa dun coche.
A Policía Local alerta de que está a perseguir este tipo de infraccións que danan seriamente o medio ambiente e que conlevan gastos ao Concello para a súa recollida e tratamento.
De momento non se localizaron os responsables, pero ainda se continúa coas pesquisas para poder dar con eles. O xefe da Policía Local, Antonio Duarte, lembra que as sancións económicas ás que deben facer fronte os responsables destes verquidos achéganse ata os 100.000 euros nos casos máis graves.
A partir deste martes 28 de xaneiro, o punto limpo quedará habilitado na Praza Alfredo Romay (Samieira) ata o mércores, mentres que xoves e venres estará en Raxó, na Rúa Leopoldo Nóvoa, entre as 10.00 e as 14.00 horas. O Concello de Poio tamén dispón dun servizo de recollida de voluminosos, para elementos de gran tamaño, cunha frecuencia quincenal previa chamada ao teléfono 986 771 185. O horario de atención ao público é de 09.00 a 13.00 horas, de luns a venres.
Relacionadas:
-
Ata 100.000 euros de multa por verteduras ilegais
Por Redacción |
-
Investigan tres novas verteduras de pneumáticos en Poio
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local de Poio identifica varios infractores de verteduras ilegais
Por Redacción |
-
Verteduras de pneumáticos poñen en alerta á Policía Local de Poio, que sospeita de talleres ilegais
Por Diego Espiño |