Unha tromba mariña esnaquiza o paseo da Lanzada e obriga a desaloxar o colexio de Noalla
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O concello de Sanxenxo sufriu un "fenómeno atmosférico singular", probablemente tromba mariña, segundo notificaron os Servizos de Emerxencia. Foi un temporal de vento, forte ondada e intensas choivas.
As parroquias de Vilalonga e Noalla son as máis afectadas con múltiples danos materiais.
Entre outros, de novo o vento levou por diante unha parte o paseo de madeira da praia da Lanzada.
Os refachos de vento romperon as chapas do pavillón deportivo do colexio de Noalla que foi evacuado por seguridade, segundo informou o Servizo Local de Xestión de Emerxencias.
O vendaval tamén causou desfeitas en varios tellados no lugar do Freixo, na parroquia de Vilalonga e en todo o municipio houbo intervencións preventivas por balsas de auga debida ás intensas choivas.
O temporal é o causante de fallos na subministración eléctrica. Segundo informa Gas Natural Unión Fenosa o apagón detectouse ás 9.40 horas da mañá deste mércores e afecta a 2.567 clientes.
Os servizos técnicos traballan para reparar esta avaría e estiman que o servizo estea reposto ás 12.40 horas.
Relacionadas:
-
Solicitan paralizar a construción dunha senda de formigón na Lanzada
Por Redacción |
-
A Xunta renuncia á madeira para o arranxo da pasarela en Noalla
Por Oskar Viéitez |
-
BNG e PSOE de Sanxenxo piden medidas para arranxar a "chapuza" do paseo de madeira da Lanzada
Por Oskar Viéitez |
-
O colexio de Noalla recuperará as clases o vindeiro luns
Por Oskar Viéitez |
-
"Tal cual se ve un tornado en los dibujos animados, pues así fue arrasando"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
O vendaval causa danos en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
A Xunta revisará integramente a pasarela de madeira do paseo da Lanzada
Por Oskar Viéitez |
-
O temporal levanta o paseo de madeira da Lanzada
Por Redacción |