O colexio de Noalla recuperará as clases o vindeiro luns
Por Oskar Viéitez
O colexio de educación infantil e primaria O Telleiro de Noalla renovará a súa actividade lectiva o vindeiro luns.
Este xoves a xefatura territorial de Educación valorou a situación do centro e decidiu suspender as clases este venres co obxectivo de arranxar os danos provocados polo temporal sen risco para os nenos e así sacar o máximo rendemento a estes tres días de traballo co recinto escolar pechado.
Ademais, en caso de non terminar as obras, o luns, estarán delimitadas as zonas de acceso ao centro e ao pavillón para que nenos e profesores poidan facer uso das instalacións con plena seguridade mentres se realizan os traballos de reparación.
Os traballos céntranse sobre todo no pavillón, no tellado e nos ferros dos falsos teitos, que se viron afectados por un tornado na xornada do mércores.