O Apalpador e os seus músicos percorren Eduardo Pondal e O Gorgullón
Por Redacción
Acompañado de gaiteiros e tamborileiros, a figura do Apalpador percorría durante esta tarde a avenida de Eduardo Pondal e pasábase polo barrio de O Gorgullón, onde realizou unha parada no Centro Social para manter unha charla cos escolares, ao mesmo tempo que realizaban un obradoiro de manualidades.
Desde as 17.00 horas, este personaxe tradicional no nadal galego paseou por toda a contorna coa intención de animar o ambiente e saudar aos máis pequenos.
A asociación de veciños Eduardo Pondal leva catro anos realizando esta actividade coa intención de recuperar ao personaxe deste carboeiro, unha figura que tocaba a barriga dos pequenos para ver se tiñan comido o suficiente. Nesta ocasión poucos nenos asistiron a estes actos de celebración.
A festa concluíu cun aperitivo no que participaron os asistentes.