Erasmus para sempre
Por Mónica Patxot
O paraninfo do instituto Valle Inclán converteuse este xoves nun espazo de encontro entre ex alumnos deste centro que tiveran experiencias nos últimos 30 anos dentro do proxecto Erasmus, cando estaba só destinado a universitarios, e estudantes actuais que poden ter a oportunidade de desenvolver estudos en diferentes países a través do Erasmus+ ou Erasmus Escolar destinado a mozos que cursan estudos no instituto.
A través dunha campaña de procura de antigos estudantes realizada pola responsable do proxecto YES!, Ana Santos, docente no centro, este xoves o Valle Inclán recibía a visita deses ex alumnos procedentes de diversos países, algún deles acompañado do seu bebé, que contaron as súas experiencias e a importancia de participar nunha iniciativa internacional para poder desenvolver as súas carreiras profesionais.
Esta actividade era o punto central dunha semana que o IES Valle Inclán dedica ao Proxecto Yes! do Erasmus.
Os actos conclúen este venres cun taller para traballar as emocións e a asistencia ao Teatro Principal para ver o documental do pontevedrés Antón Cruces: 'Oldman. O último triatleta'.
Relacionadas:
-
Felicitación europea para as profesoras do IES Valle Inclán implicadas no programa europeo 'eTwinning'
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: A tradición viquinga une Catoira e Dundalk
Por Marisa Ciordia |
-
O programa Erasmus mobilizou en 20 anos máis de 1.200 estudantes do campus de Pontevedra
Por Redacción |
-
RADIO.- Rosa Estévez: "Gran Bretaña non vai a pechar as portas e moito menos aos españois"
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- A playlist: Ana Santos Solla quería o 10 como Walter Szczerbiak
Por Marisa Ciordia |
-
20 estudantes franceses participarán no encontro Erasmus no Valle Inclán
Por Redacción |
-
O IES Valle Inclán localiza a 204 ex alumnos que cursaron o Erasmus universitario
Por Redacción |
-
Estudaches no Valle Inclán e fixeches o Erasmus? Queren localizarte
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |