Felicitación europea para as profesoras do IES Valle Inclán implicadas no programa europeo 'eTwinning'
Por Redacción
Alumnos e profesoras do instituto Valle Inclán xa teñen no seu haber o diploma acreditativo da súa participación no programa europeo 'eTwinning'. O centro pontevedrés encargouse da organización e desenvolvemento nestes dous últimos anos dun plan denominado YES! (Young Europeans in Sports) asociado ao programa Erasmus+.
O plan desenvolveuse xunto a alumnos e profesores do Lycée Felix Faure de Beauvais, en Francia.
Ao acto de entrega acudiu Mela Rodríguez, embaixadora en Galicia do programa 'eTwinning' quen destacou a consecución do dobre recoñecemento 'eTwinning': a distinción Europas Mobility, que certifica as competencias adquiridas durante os intercambios desenvolvidos no Erasmus+; e o selo de calidade que acredita que o proxecto Erasmus YES! foi innovador e de calidade.
Pilar Freitas, directora do IES Valle Inclán incidiu durante a súa intervención nun aspecto a destacar: o feito de que todo o equipo docente do centro e implicado no proxecto Erasmus YES! son mulleres, recoñecendo o labor que estas profesoras realizaron con alumnos e alumnas. Circunstancia que tamén apunta a resolución do ‘eTwinning’.
Ana Santos Solla, profesora responsable do proxecto europeo, agradecía ao alumnado o seu “esforzo, dedicación e implicación” durante estes dous anos. Igualmente houbo agradecementos para ex alumnos de Erasmus procedentes do Valle Inclán e que nestes dous anos achegáronse ao centro pontevedrés desde múltiples destinos nacionais e internacionais para asesorar e animar ao alumnado actual a continuar participando en programas como o Erasmus+ e o Erasmus Universitario.
As felicitacións a estes estudantes fixéronse extensivas aos seus resultados en Selectivo, xa que a totalidade do alumnado que participou na iniciativa europea han superado a proba preuniversitaria, “o que sen dúbida demostra que os obxectivos propostos inicialmente conseguíronse”, dicía Santos Solla, engadindo que “se alcanzaron as nosas pretensións de que poñer en marcha un estilo de vida máis saudable en canto a alimentación e nutrición, exercicio físico e deporte, e mellora psicolóxica e formativa”.
Relacionadas:
-
RADIO.- Xubilando o concepto de xubilados: devellabella.com
Por Marisa Ciordia |
-
O IES Valle Inclán recibe un selo de calidade nacional por proxectos centrados na reciclaxe e na cidade ideal
Por Redacción |
-
O proxecto europeo eTwinnig fomenta a relación entre Poio e Portugal
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
Alumnos do instituto Valle Inclán desembarcan en Normandía
Por Redacción |
-
O alumnado do Valle Inclán, 'eurodeputados' por un día
Por Redacción |
-
Pontevedra xunta estudantes de cinco países europeos que colaboran nun proxecto sobre emigración
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Erasmus para sempre
Por Mónica Patxot |
-
Estudaches no Valle Inclán e fixeches o Erasmus? Queren localizarte
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
RADIO.- Mozos europeos, deportistas, desestresados e solidarios
Por Marisa Ciordia |