Marín poda as árbores do centro urbano
Por Redacción
O Concello de Marín está a podar as árbores do casco urbano. Os traballos arrancaron por unha poda específica e pouco agresiva das ponlas dos plátanos da Alameda, para evitar as complicacións que causan as follas que caen sobre o pavimento, como son os atascos nos sumidoiros ou os resbalones dos transeúntes.
A maior parte destas podas fanse en altura o que leva a que sexan contratadas para que as realicen empresas especializadas, sempre en colaboración coa brigada de Xardíns.
Estes traballos proseguirán nos próximos días noutras zonas do municipio, tanto en áreas urbanas como a barriada Virxe do Camiño, A Cañota e San Pedro, Banda do Río, Marqués de Valterra, Parque Eguren ou Avenida de Ourense, como en centros educativos como Carballal e Virxe do Carmen.
Tamén actuarán no rural, como Ardán, Mogor ou Sete Espadas e zona de praias.