Tallan un cedro da Alameda de Marín para evitar danos aos viandantes
Por Redacción
Operarios do Concello de Marín tallaban nas últimas horas un cedro da Alameda debido aos graves problemas que viña sufrindo e que supoñían un risco para os viandantes.
A árbore atopábase implantada nun céspede con rega automática. Esta situación provocou que ao redor do cedro, o chan non tivese o osíxeno necesario e mesmo se encharcara ata o punto de que podreceron as raíces.
A copa da árbore viuse afectada co posterior desprendemento das ramas de gran tamaño e a perda de follas. Nas últimas semanas perdera vitalidade e só quedaba o brazo principal, que se atopaba anillado a través dun arame. Nesa zona creouse un punto de rotura que, nos últimos tempos, xa era crítico, segundo informan desde o goberno local.
Desde a concellería de Medio Ambiente indícase que se se deixase secar poderíanse causar danos persoas e materiais. Con calquera vento forte ou cun temporal corríase o grave risco de que ao non ter demasiado agarre as raíces puidesen esborrallar. Anos atrás xa caeron ramas de gran tamaño.