Convocan a segunda edición dos premios á igualdade Sofía Novoa Ortiz
Por Redacción
A Deputación Provincial acaba de abrir a convocatoria da segunda edición dos Premios Sofía Novoa Ortiz, convocados para premiar a inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e de fin de máster dos estudantes universitarios.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto e poderán entregarse propostas ata o vindeiro 27 de outubro e os traballos finais ata o 3 de novembro. Poderá participar o alumnado dos campus de Pontevedra e Vigo da Universidade de Vigo.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou este venres esta segunda edición e destacou que o ano pasado presentáronse 22 propostas e demostrouse o interese neste tipo de iniciativas que impulsan a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e a perspectiva de xénero en diferentes ámbitos da sociedade.
Os II Premios Sofía Novoa Ortiz premiarán con 1.000 euros cada un os dous mellores traballos de fin de grao e os dous mellores de fin de máster. Ademais, entregarán un accésit de 600 euros en cada categoría, o que implica un total de 5.200 euros en premios.
Estes premios tamén buscan poñer en valor a figura de Sofía Novoa Ortiz, unha muller da que destaca a súa "enorme cultura, ligada ao mundo da música, moi comprometida", pero que foi silenciada por unha historia escrita en clave masculina.
Relacionadas:
-
Premio para quen visibiliza ás mulleres na educación, "desde onde verdadeiramente se pode cambiar a sociedade"
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Seis traballos universitarios, recoñecidos na I edición dos premios de igualdade Sofía Novoa Ortiz
Por Redacción |
-
Crean o galardón Sofía Ortiz Novoa para premiar a perspectiva de xénero en traballos universitarios
Por Alejandro Espiño |